Debut do equipo feminino de A Guarda Hockey Liña na Liga Galega

O pasado sábado, o equipo sénior feminino de A Guarda Hockey Liña fixo o seu debut na Liga Galega. Despois dun ano sen competir, as rapazas do Clube guardés voltaron á pista deixando moi boas sensacións para o numeroso público asistente así coma para o corpo técnico.

En este partido debut as da Guarda enfrontáronse ó Brigantium Feminino de Arteixo no pavillón AGRA 1 de A Coruña. Agardávase un partido igualado e con emoción e cumpríronse as espectativas, xa que o resultado final foi de 2-2 e houbo emoción ata os segundos finais. As coruñesas dominaron a estadística de tiros a porta e as da Guarda a posesión da pastilla facendo un vistoso e emocionante partido.

Bo debut e o primeiro punto acadado en esta nova etapa do hockey feminino guardés que con un plantel con moita xuventude tentará acadar unha boa posición na Liga Galega de Hockey Liña.