A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, vén de anunciar a aprobación pola Xunta de Goberno do proxecto de obras para a adecuación de nove puntos limpos na provincia ao abeiro do proxecto europeo ESTRAEE, que ten por obxectivo poñer en marcha unha estratexia sostible transfronteiriza para a xestión dos residuos xerados por aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE).
Deste xeito, a institución provincial pon en marcha as actuacións necesarias para o acondicionamento destes nove puntos limpos, cuxo orzamento total ascende a 618.000 euros.
Máis polo miúdo, os puntos limpos incluídos neste proxecto de obras están situados en A Guarda (na Sangriña), en Gondomar (no lugar Pasaxe 321) e en Nigrán (na rúa Gándara) entre outros. En total, o proxecto transfronteirizo contempla a actuación en dezaoito puntos limpos, nove na provincia de Pontevedra e outros nove na zona de Portugal.
Despois de levar a cabo unha análise, detectáronse unha serie de necesidades de mellora comúns aos nove puntos limpos da provincia de Pontevedra, polo que a intervención será similar en todos eles. Así, a maior parte de actuacións consisten na reforma ou nova construción de almacéns para RAEE e reutilización, instalación de iluminación ou provisión de sistemas de protección contra incendios e paneis indicativos.
ESTRAEE é un proxecto que conta cun orzamento superior aos 2 millóns de euros, o 75% pertencentes a fondos da Unión Europea, que busca dar un salto cualitativo na xestión ambiental e na adaptación á estratexia europea 2020 no ámbito da protección dos recursos naturais e eficiencia na xestión dos residuos.
A Deputación de Pontevedra é a socia líder deste proxecto no que participan outras tres entidades españolas e dúas portuguesas con ampla experiencia na reciclaxe e innovación tecnolóxica. Neste contexto, ESTRAEE está enmarcado nun dos principais eixos da institución provincial da aposta polo medio ambiente cara a transición ecolóxica.
Punto limpo da Duarda, (lg. A Sangriña)
Neste punto limpo detectáronse as seguintes irregularidades:
- A instalación non dispón dun edificio de reutilización de residuos.
- Os roubos son habituais.
Por isto, para mellorar o funcionamento deste punto limpo, están previstas as seguintes actuacións:
- Construción no nivel superior dun edificio para a reutilización.
- Instalación de iluminación no almacén.
- Proveer dun sistema de protección contra incendios e paneis indicativos.
Punto limpo de Gondomar,(Lg Pasaxe 321)
Neste punto limpo detectáronse as seguintes irregularidades:
- A instalación non dispón dun almacén de RAAE.
- A instalación non dispón dun edificio de reutilización de residuos.
- Os roubos son habituais.
Por isto, para mellorar o funcionamento deste punto limpo, están previstas as seguintes actuacións:
- Construción dun almacén de RAEE que estará totalmente cerrado, con solera impermeabilizada e arqueta cega para posibles derrames.
- Construción no nivel inferior dun edificio destinado a almacén e a reutilización, totalmente cerrado.
- Instalación de iluminación no almacén.
- Proveer dun sistema de protección contra incendios e paneis indicativos.
Punto limpo de Nigrán, (Rúa Gándara Nº 16)
Neste punto limpo detectáronse as seguintes irregularidades:
- A instalación non dispón dun edificio de reutilización de residuos.
- Débese aumentar a instalación de iluminación do almacén, así como colocar portas corredoiras no fronte con peche de seguridade.
Por isto, para mellorar o funcionamento deste punto limpo, están previstas as seguintes actuacións:
- Aumentar a instalación da iluminación e colocación de portas corredoiras con peche de seguridade.
- Construción no nivel superior dun edificio para a reutilización e que poida ser utilizado como almacén de RAEE, estará totalmente cerrado e adosado ao edificio existente.
- Proveer dun sistema de protección contra incendios e paneis indicativos.
