A Deputación de Pontevedra aprobou, mediante resolucións presidenciais, dous novos investimentos para o concello do Rosal ao abeiro da Liña 1 do Plan Concellos 2019 por un total de 9.420,26 euros.
Máis polo miúdo, destinaranse 6.371,42 euros para a adquisición de xogos infantís para o parque de Martín. Tamén, outros 3.048,84 euros para a sinalización de acceso e a colocación de audioguías na estrada aos Muíños do Folón.