Google Maps

A Deputación de Pontevedra deu luz verde ao proxecto para as obras de mellora da drenaxe na estrada provincial EP-2502 Cerquido-Ribadelouro, no Porriño, que contan cun orzamento total de 310.000 euros.

A actuación desenvolverase nun tramo de aproximadamente un quilómetro desta estrada, que presenta problemas na actualidade debido ao mal estado da drenaxe existente, con tramos de rotura e obstrucións”, explicou o presidente provincial, Luis López.

En concreto, nun tramo inicial renovarase a rede de pluviais, substituíndo a tubaxe en mal estado, mediante a instalación dunhas novas soterradas e novos sumidoiros para a recollida das augas, renovando seguidamente a capa de rodaxe. Adicionalmente, nunha segunda zona executarase unha cuneta transitable de formigón na marxe dereita da estrada, instalando baixo a mesma unha tubaxe de pluviais. Por último renovarase a sinalización horizontal e instalarase a vertical que sexa necesaria.

López lembrou o traballo que se está a facer desde  o goberno da Deputación nas estradas provinciais: “Queremos avanzar para que os máis de 1.700 quilómetros das vías de titularidade provincial estean en óptimas condicións para garantir a seguridade as nosas veciñas e veciños”, remarcou.