Consulvin Consultores Vitivinícolas aproveitou o espazo acuBam Innovación para presentar á startup biotecnolóxica Nostoc Biotec, que fabrica e vende produtos microbiolóxicos para resolver as principais necesidades do sector agrícola dun xeito ecolóxico e sostible, como o control e a eliminación de pragas. Un proxecto que parte da base de que “do natural ten que vir a solución” aos problemas do campo. Kiwi Atlántico ensinou ao público o seu sistema de clasificación do kiwi segundo a calidade interna mediante tecnoloxía óptica penetrante e non destrutiva, que permite agrupar a froita dun xeito homoxéneo e marcar uns estándares de calidade máis elevados. Entre a maquinaria, Talleres El Milagro presentou a primeira motoserra de inxección electrónica, cun deseño lixeiro e intelixente que garante un traballo ergonómico e sen esforzo. Unha das principais innovacións presentadas na Mostra foi o método HYBRID-TREE, desenvolvido por Vivisa e presentado por Suministros&Instalaciones Río Verde, que permite o cultivo hidropónico de plantas plurianuais de porte leñoso. A primeira explotación piloto deste sistema instalarase en Tomiño. Por outro lado, VemarGalicia ensinou na Mostra Fliwer, o primeiro sistema de rego intelixente, que se centra na planta e nas súas necesidades que envía datos a un servidor para que mediante intelixencia artificial decida se as tarefas de rego son necesarias. A “integración dunha agricultura de precisión na que somos capaces de combinar a información que nos proporcionan as novas tecnoloxías co desenvolvemento dos nosos cultivos”. A xardinería vertical, unha nova tendencia Decora, proporciona osíxeno, elimina a contaminación ambiental... e non precisa grandes espazos. Todas estas vantaxes son as que fan da xardinería vertical unha nova tendencia de mercado e un niño de oportunidades e as que lle aseguraron un oco na 16ª Mostra de Cultivos. Víctor Pérez, presidente de Agaexar, e Gonzalo Fonseca, delegado comercial de Projar Group, foron os encargados de falar destas novas solucións, así como das funcións do solo para as plantas e como afecta a este modelo vertical, de erros habituais, de exemplos de éxito e do dimensionamento do mercado.
acuBam

Seguir crecendo adaptándose ás necesidades do mercado e apostando por novos e novidosos produtos. Ese é un dos obxectivos do sector e que a Mostra de Cultivos do Baixo Miño recolle dende hai catro anos reservando un espazo dedicado aos novos produtos, sistemas, proxectos ou maquinaria que as empresas da comarca introducen no sector.

Este ano, dez empresas do agro do Baixo Miño presentaron ata trece novidades dentro de acuBam Innovación, dando cobertura a todos os elos da cadea de valor do sector na contorna. É ademais a primeira vez que este espazo acolle máis iniciativas procedentes de campos como a tecnoloxía ou a maquinaria que do eido da planta ornamental e a flor cortada, maioritarios no sector.

Dende produtos ata sistemas de cultivo pioneiros

Nesta edición presentáronse tres novos cultivos que xa están a aparecer nos mercados. Así, Viveiros Río Tollo levou á mostra o seu Rhododendro híbrido ‘Black Widow’, cunha flor que mestura tons negros, marróns e borgoña e cunhas anteras brancas e folla verde que ofrece unha das combinacións de cores máis singulares que existe. Tamén presentou a súa Camellia japónica ‘Three Sisters’, unha novidosa composición de camellia que combina nunha única planta tes variedades con tres cores diferentes de flor que florecen de xeito parello.

Mentres, Viveiro Corema ensinou a Thulbalgia Violácea ‘Dark Star’, unha variedade compacta, sempre verde de de moi longa floración que precisa un baixo mantemento e está comezando a substituír á Thulbalgia tradicional, dando así resposta “á alta demanda dun público que cada vez ten menos tempo para dedicarlle ás plantas”. Suministros Hortícolas Bacelo presentou a súa nova colección de plantas de xardinería, variedades de petunias, campánulas e eucatone máis precoces e porte rastreiro, “plantas que se adaptan perfectamente ao noso clima e á demanda do mercado”.

Pola súa banda, Trigo y Limpio presentou o seu trigo Callobre, unha variedade autóctona de trigo do país que nas últimas décadas caera en desuso polas preferencias do sector por fariñas de trigos máis rendibles e produtivas. Unha colleita pequena, natural e sen estrés que busca recuperar tradicións, apostar polo rural e xerar un impacto socio-económico en termos de empregabilidade “nun rural ansioso de recibir iniciativas que o revitalicen”. “Estamos convencidos de que tradición e innovación son compatibles e nós quixemos achegar o noso grán de trigo”, destacaron na presentación. Ideas para tu huerto explicou ao público asistente un sistema para reciclar subprodutos caseiros como os borros do café para convertelos en setas a través de sinxelos kits.

Consulvin Consultores Vitivinícolas aproveitou o espazo acuBam Innovación para presentar á startup biotecnolóxica Nostoc Biotec, que fabrica e vende produtos microbiolóxicos para resolver as principais necesidades do sector agrícola dun xeito ecolóxico e sostible, como o control e a eliminación de pragas. Un proxecto que parte da base de que “do natural ten que vir a solución” aos problemas do campo. Kiwi Atlántico ensinou ao público o seu sistema de clasificación do kiwi segundo a calidade interna mediante tecnoloxía óptica penetrante e non destrutiva, que permite agrupar a froita dun xeito homoxéneo e marcar uns estándares de calidade máis elevados. Entre a maquinaria, Talleres El Milagro presentou a primeira motoserra de inxección electrónica, cun deseño lixeiro e intelixente que garante un traballo ergonómico e sen esforzo.

Unha das principais innovacións presentadas na Mostra foi o método HYBRID-TREE, desenvolvido por Vivisa e presentado por Suministros&Instalaciones Río Verde, que permite o cultivo hidropónico de plantas plurianuais de porte leñoso. A primeira explotación piloto deste sistema instalarase en Tomiño. Por outro lado, VemarGalicia ensinou na Mostra Fliwer, o primeiro sistema de rego intelixente, que se centra na planta e nas súas necesidades que envía datos a un servidor para que mediante intelixencia artificial decida se as tarefas de rego son necesarias. A “integración dunha agricultura de precisión na que somos capaces de combinar a información que nos proporcionan as novas tecnoloxías co desenvolvemento dos nosos cultivos”.

A xardinería vertical, unha nova tendencia

Decora, proporciona osíxeno, elimina a contaminación ambiental… e non precisa grandes espazos. Todas estas vantaxes son as que fan da xardinería vertical unha nova tendencia de mercado e un niño de oportunidades e as que lle aseguraron un oco na XVI Mostra de Cultivos. Víctor Pérez, presidente de Agaexar, e Gonzalo Fonseca, delegado comercial de Projar Group, foron os encargados de falar destas novas solucións, así como das funcións do solo para as plantas e como afecta a este modelo vertical, de erros habituais, de exemplos de éxito e do dimensionamento do mercado.