Dezaoito restaurantes tudenses terán nas súas cartas pratos de bacallau durante este mes de setembro. A iniciativa gastronómica enmarcase dentro das xornadas de gastronomía xudía, que é unha das actividades organizadas polo Concello de Tui dentro do programa das Xornadas Europeas da Cultura Xudía, que anualmente organiza a Rede de Xuderías de España, e que este ano chegan a súa edición número 20.

O concello de Tui elixiu como motivo principal destas xornadas as pontes, aproveitando o amplo sentido que podemos dar a esta palabra, pontes culturais, pontes, pontes gastronómicas e pontes físicas.

Así as diferentes rutas guiadas polo patrimonio sefardí de Tui, a exposición de fotografías de pontes de Tui de Gus Abreu ou a publicación de micro relatos únese tamén esta iniciativa gastronómica, que ten coma centro o bacallau, prato moi habitual na cociña sefardí, e que serve de ponte tamén co país veciño, onde este peixe é considerado prato nacional. O bacallau servido de distintos xeitos será servido nos restaurantes participantes durante todo este mes.

Os pratos e os restaurantes son os seguintes:

  • O Alboio: bacallau en empanada.
  • Ideas peregrinas: tosta con bacallau.
  • Parador de Tui: bacallau con broa.
  • A Ponderosa: Bacallau á portuguesa.
  • El Niño Trasto: á brasa con barbur e melocotón caramelizado.
  • Jaqueyvi: á brasa.
  • Tapas e viños: ensalada con bacallau.
  • La de José Luís: á brasa.
  • El Molino: á portuguesa e tamén empanada.
  • Puro sabor: ó forno e empanada.
  • O Novo Cabalo Furado: á prancha, á galega, ó forno, boliños e tamén empanada.
  • O Vello Cabalo Furado: á portuguesa, empanada e boliños.
  • Santiamén: asado con cebola.
  • A Macoca: ó forno.
  • O pote: ensalada de bacallau e á galega.
  • Happy Restaurant: lascas de bacallau, empanada.
  • Monte Aloia: á brasa e ó forno.
  • Cruceiro do Monte: á portuguesa.