Diego e Abraham, do club bolos Sobreiro de Gondomar

O pasado fin de semana celebrouse en Tineo, Asturias, o campionato de España de bolo celta, modalidade por parellas de primeira e segunda categoría.

Participaron un total de 24 parellas das comunidades de Asturias, Galicia e Madrid.

Excelente a participación galega no campionato de primeira, xa que das 8 primeiras posicións, ocuparon os 6 primeiros postos.

A clasificación final foi a seguinte:

Primeira categoría:

  • Campións de España: Diego Pérez e Abraham Rodríguez, do club bolos Sobreiro de Gondomar.
  • Subcampións: José M. Torres e Roberto Paz, do club de bolos San Cibrán de Gondomar.
  • Terceiros: Inocencio Valverde e Anibal Brites, do club de bolos Xunqueira de Gondomar.
  • Cuartos: José R. Dios e Santiago Martínez, do club de bolos Medialdea de Baiona.
  • Quintos: Pablo Rodríguez e José Rodríguez, do club de bolos Mañufe de Gondomar.
  • Sextos: Manuel Mo e Vicente Mo, do club de bolos Estivada.
  • Sétimos: José A. García e David García, do club La Panera de Cangas de Narcea.
  • Oitavos: Gaspar Suárez e Jaime González, de IV Los Valles de Tineo.

Segunda Categoría:

Participaban 4 parellas galegas conseguindo unha delas o subcampionato.

A parella campioba de España foi a formada por Sergio Álvarez e Sergio González, de Villatresmil-Tineo.

A subcampioa foi a formada por Manuel González e José Camesella de Bolos Belesar Urgal de Baiona, quedando en quinto, sexto e oitavo lugar as parellas de bolos Rega (Baiona), bolos Xove (Lugo), e bolos Baredo de Baiona, respectivamente.

Dende a federación galega queren felicitar a todalas parellas galegas participantes e especialmente a parella gañadora.