Josué Villar de CABE

Nun comunicado de prensa, o concelleiro de Gondomar Concello Aberto, Josué Villar, informa que presentou por rexistro electrónico a dimisión dos seus cargos orgánicos e institucionais en EU e CABE e que nos vindeiros días o fará como coordinador local de Esquerda Unida Gondomar.

Durante uns meses a miña situación persoal será incompatible co nivel de compromiso e traballo que mantiven ata agora en CABE, Esquerda Unida e En Marea, especialmente coa asistencia regular aos plenos da corporación de Gondomar e ás asembleas orgánicas. Tendo en conta esta nova situación, considero que o máis responsable pola miña banda é deixar paso a outras persoas que poidan asumir as miñas responsabilidades e seguir traballando como militante de base” afirmou Josué Villar.