Dentro da programación da III Mostra de teatro afeccionado do Val Miñor e Oia, o IEM convídavos á representación teatral das seguintes obras no Auditorio Municipal Lois Tobío:
Sábado 20 de xaneiro- 20.30 horas.
- Pola culpa de Gayoso, representada por A xesta vermella de Borreiros.
Domingo 21 de xaneiro- 18.00 horas.
- Pataclown, representada por Pritis- Guomis de Gondomar.
Organizado polo Instituto de Estudos Miñoráns co apoio do Concello de Gondomar, ten como obxectivo fomentar e coordinar actividades dirixidas a potenciar tanto a creatividade teatral como a representación.