Doce persoas están a participar esta semana en Tui no itinerario formativo dedicado á elaboración de conservas artesanais e naturais.

Este curso forma parte do programa “Coas mans na masa”, que promove a Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural e neste caso conta coa colaboración do Concello de Tui.

O curso comezou este luns, 6 de maio, no Centro de Formación Municipal, do Concello de Tui en Guillarei, e rematará este mércores.