Personas mayores de 55 años disfrutan del deporte en Tomiño

Duascentas persoas participan no programa transfronteirizo “Deporte para todas as persoas”, promovido pola Eurocidade Cerveira-Tomiño, con actividades deportivas gratuítas que se levan a cabo en espazos dos dous concellos, até final de ano.

As opcións incluídas neste programa son piscina en familia, actividades para maiores de 55 anos e práctica de diversas modalidades deportivas en parroquias de Tomiño e IPSS de Cerveira. Dentro de esta última opción, estas semanas puxéronse en marcha novos grupos nas parroquias tomiñesas de Tebra e Sobrada.

As actividades deportivas estarán en marcha ata o mes de novembro, con parada estival en agosto. Prévese que o programa acolla tamén unha andaina e un evento polideportivo. Máis información sobre horarios e inscrición en Eurocidade Cerveira Tomiño.