En un comunicado enviado a los medios, el PsdeG-PSOE de Tomiño responde a la nota de prensa remitida por los populares en la que se informaba de que el PP tomiñés presentara una moción para instar al Gobierno de España a facilitar la cobertura del personal médico en la atención primaria y eliminar la tasa de reposición. Esteban González indicaba en la misma que “os mesmos PSOE e BNG que pedían hai anos a supresión dos límites as taxas de reposición son os que as seguen mantendo. O responsable de que non se permita unha convocatoria de prazas MIR para incorporar máis profesionais ao noso sistema sanitario e cubrir as prazas necesarias é o Goberno de España. Hai que lembrar que a Xunta convocou todas as prazas de persoal sanitario que lle permite o Goberno”.

Así, «O PsdeG-PSOE de Tomiño lémbralle ao voceiro do PP no Concello que o proxecto de Presupuestos Generales del Estado para o ano 2022 (PGE 2022) aumentará a taxa de reposición respecto ao aprobado na LPGE (Ley de Presupuestos Generales del Estado) no 2021, do 100 ó 110% como taxa xeral; ascendendo ao 120% en sectores prioritarios como Sanidade, Educación E Ciencia.

A taxa de reposición (que determina cantos traballadores que se xubilan pódense repoñer) está agora mesmo no 110% na Sanidade. É decir, por cada 10 profesionais que se xubilan, entran 11. Co Goberno de Rajoy estivo varios anos no «10%».  110% VS 10%. De aí o noso voto en contra desa moción por demagóxica e incerta.

A cuestión é, si se fixera todo o que a devandita moción di, ¿comprométese o PP a contratar a profesionais de medicina, enfermería, auxiliares e todo o que fai falta? Porque cada vez hai menos sanitarios e iso é porque quen ten que contratar, que é a Xunta de Galicia, non o fai. E por si fora pouco, rebaixa o orzamento para a Atención Primaria en pleno colapso do servizo, pasando de 1.391 millóns de euros no 2021 a 1.389 millóns para o 2022. 

Por último, as socialistas pídenlle ao PP de Tomiño que non insulte aos veciños e veciñas; a veciñanza de Tomiño é madura, está informada e é quen de non deixarse utilizar por ninguén. A voceira, Violeta de Santiago, suxire tamén ao voceiro popular que non erre o tiro, que faga oposición ao goberno nacionalista, pois seguro que é o que os seus votantes demandan, e non ao grupo minoritario da Corporación Municipal”.