Plastic Omnium

Este mércores, empregados da empresa Plastic Omnium, na súa división Clean Energy Systems, e dentro do seu programa de Responsabilidade Social Corporativa, quixo facer a súa aportación á recuperación do Monte Galiñeiro, incluíndo nas actividades programadas para a celebración do Día da Seguridade unha plantación de castiñeiros e acivros no Bosque dos Nenos na que participaron.

Con esta actividade, outra empresa do Polígono Industrial de A Pasaxe súmase á colaboración coa Comunidade de Montes no proceso de reforestación do monte tralo incendio de 2017, despois da plantación de castiñeiros realizada por Navaliber S.L. o pasado mes de marzo.

Dende a Comunidade de Montes agradecen a implicación destas empresas do polígono, e de outras que queiran levar a cabo iniciativas semellantes, neste espazo do Bosque dos Nenos, que nun futuro próximo será o primeiro sumidoiro de dióxido de carbono da contorna inscrito no Ministerio de Transición Ecolóxica.

Plastic Omnium