O vindeiro venres, 8 de febreiro, ás 19.30 horas, o Centro Cultural da Guarda, acollerá a charla que impartirá “En Marea“ co motivo de achegar a súa Proposición de Lei para paliar a pobreza enerxética e acadar unha mellora significativa para os fogares máis vulnerables.

O acto servirá tamen de presentación da “Marea da Guarda” que terá lugar no mesmo espazo as 19:00h no mesmo día.

Esta xornada, ademais de presentar a proposta de En Marea coma a alternativa que inclúe as medidas máis integrais, actualizadas, necesarias e xustas que houbo ata agora no noso país, tamén é para explicarvos con detalle os excesos dos tipos de tarifas e contratos enerxéticos cos que contamos a día de hoxe, as baldías medidas da Xunta de Galicia a través do seu Bono Social e a posibilidade de obter unha mellora no aforro no teu consumo”, indican dende En Marea.

Por iso, queremos convidarvos a asistir a este encontro, no que poderedes participar manifestando todas as vosas dúbidas e achegando propostas, porque a riqueza do noso proxecto está na pluralidade de todas nós”, finalizan dende a formación política.