María Xosé Porteiro

“A revolución feminista” é o título do encontro coa xornalista, escritora e activista feminista María Xosé Porteiro que terá lugar mañá martes, 28 de novembro, ás 19 h na sala Félix Rodríguez. Esta actividade forma parte da campaña “Non máis violencia por ser muller” organizada polo Concello de Tui con motivo 25N, o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a muller.

María Xosé Porteiro conta cunha longa traxectoria coma profesional do xornalismo e autora de varios libros de narrativa, biografía e ensaio. Creou a primeira concellería de Igualdade e a primeira Casa de Acollida de Galicia.

As actividades desta campaña pecharanse este xoves, 30 de novembro, ás 19 h no edificio Francisco Sánchez coa mesa redonda “Sexualidade, pornografía e violencia de xénero na adolescencia” dirixida a familias e profesionais da educación. Na mesma participarán profesionais do ámbito da pedagoxía, psicoloxía, avogacía e forzas e corpos de seguridade.