Ensemble Vigo 430 inaugura o curso no Conservatorio de Música de Gondomar
Ensemble Vigo 430

Este mércores, ás 20:00 horas, no Auditorio Lois Tobío de Gondomar, o Ensemble Vigo 430 será o encargado de inaugurar o curso no conservatorio municipal, e o fará con un repertorio que en moi poucas ocasións teremos a oportunidade de escoitar, xa que interpretaránse a “Suite en Rocaille” de Florent Schmitt e a Serenata de Albert Roussell, ambas para quinteto de arpa, frauta, violín, viola e violoncello.

Trátase de música composta no período de entreguerras do pasado siglo XX, con tintes neoclásicos e pinceladas impresionistas típicas da colorista música francesa de esa época. O concierto completaráse co célebre cuarteto con flauta en Re mayor K.285 de Mozart. O concerto, organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Gondomar, dirixida por Nuria Lameiro, é de entrada gratuita, ata completar aforo.

O concerto está encadrado dentro das conmemoracións polo seu XXXV Aniversario no que programaron durante todo o ano unha gran variedade de actividades e concertos de tódolos estilos que van dende o repertorio clásico, ao jazz máis actual, pasando por concertos infantís de estilo punk.

O centro celebra por cuarto ano consecutivo unha matrícula do 100% das prazas que ten en especialidades coma violín, viola, clarinete, saxofón, guitarra e piano, quedando varios nenos en lista de espera. O obxectivo principal deste centro é crecer como centro de referencia na formación musical da comarca, aumentando as prazas existentes e abrindo novas especialidades nun futuro.