Este próximo venres, día 16 de decembro ás 20:00 horas, no local do IEM, Aula de Cultura Ponte de Rosas, en Gondomar, celebrarase a entrega dos premios do II Concurso de fotografía do IEM, que este ano tiña como tema o patrimonio e a auga.

Os primeiros premiados recibirán unha cantidade en metálico, 250 € para o primeiro premio do xurado, e 150€ para o premio do público ao máis votado no Facebook do IEM, así como unha reprodución da foto gañadora.

Haberá tamén outros premios para os accésits e a reprodución das fotos para a exposición dos finalistas, que neste mesmo acto se poderá visitar xa pendurada na sala de exposicións do IEM.

O IEM quere agradecer a todos/as os participantes a súa implicación neste concurso que ten como finalidade apoiar a fotógrafos noveis ou afeccionados, e a calquera que este interesado no mundo da fotografía e a divulgación e posta en valor da riqueza paisaxística e patrimonial da nosa contorna.

Este ano foi o tema da auga e a súa relación co rico patrimonio etnográfico que podemos ollar nas nosas parroquias e serras. A exposición das fotos premiadas e as finalistas estarán expostas no local do IEM e poderán ser visitadas ata o mes de febreiro.

Premios e exposición

  • Premio Xurado: 250 € + revelado en 40×60 + publicación na REM
  • Premio Público: 150 € + revelado en 40×60 + publicación na REM
  • 2 accésit Xurado: Revelado 30×45 + publicación na REM
  • 2 accésit Público: Revelado 30×45 + publicación na REM
  • 14 Finalistas: Publicaranse as súas fotografías na exposición e na revista REM

O IEM revelará as fotografías premiadas en tamaño 30×45 para a súa exposición
As fotos dos premiados e os finalistas tamén se poden ver na páxina do IEM