A Asociación Érguete Baixo Miño anuncia que este domingo, de 10:00 a 14:00 horas, estarán informando e sensibilizando sobre o VIH/SIDA na Praza Avelino Vicente (Praza As de Copas) na Guarda, conxuntamente coa recén creada Asociación LGBTI+ Trans Miño. “Repartiremos preservativos, como único método que prevé a enfermidade, lazos vermellos, xogos e outras actividades (aprazarase en caso de choiva)”.

Este ano celébrase o Día Mundial do VIH/SIDA baixo o lema “As comunidades marcan a diferenza”. Trátase dun día fundamental dentro das accións que estas Asociacións levan a cabo brindando unha oportunidade importante para recoñecer o papel que as comunidades desempeñaron e continúan desempeñando na resposta ao SIDA a nivel local, nacional e internacional.

O liderado destas organizacións, que están integradas por educadores de iguais, persoas afectadas polo VIH, colectivos homosexuais, persoas transxénero, xente xoven,… respaldan que non se baixe a garda neste aspecto tan relevante para a saúde das persoas. Ademais, atopámonos nun momento en que o reducido orzamento e os poucos espazos adicados a estas cuestións fan peligrar a sostenibilidade dos servizos e dos esforzos para defendelos. É preciso que as comunidades se movilicen máis para garantir que o sida continúe presente na axenda política, que os dereitos humanos se respeten e que quenes toman as decisións e as poñen en práctica asuman as súas responsabilidades.

«Animamos a todas as persoas a participar nesta xornada e, tamén ao longo de todo o ano, recordando a importancia da educación, da prevención e da sensibilización nesta área que inflúe moi directamente na vida das persoas«, indican.

Para máis información, invitamos a todo o mundo a achegarse ás instalacións de Érguete, tamén a través da páxina web Érguete ou ben chamando aos teléfonos 986 61 44 17 / 640 08 63 76.