Celso Fariñas e Sofía Vicente

O venres día 12 de maio ás 20:30 horas, no Casino da Guarda, presentárase os integrantes da candidatura Espazo Común para as vindeiras eleccións municipais do 28 deste mes.

«A nosa candidatura está composta por un grupo de homes e mulleres que non se senten representados polos partidos clásicos e nos une a ilusión e as ganas de poder facer algo por este pobo que non aguanta máis, un pobo que non pode nin quere seguir como ata agora, un pobo onde é un clamor maioritario que se nega a seguir a ruta de converterse nun “parque xeriátrico” sen futuro, sen que se plantexen alternativas para consolidar e fixar poboación moza, que seus servizos cada vez máis deteriorados, con rúas en estado calamitoso, sucias, baldosas faltantes, rotas ou mal acomodadas, onde case é “rutineiro” o comentario cada vez máis seguido do estado das persoas que caen de cotío. Onde a falta de papeleiras obriga a ter que levar no peto un papel ou as mondas e envases de iogures case de punta a punta do pobo«, sinalan dende Espazo Común.

«Dende Espazo Común, temos a ilusión de ser capaces de activar a vida laboral deste pobo nos eidos da cultura, o comercio, a pequena industria e a pesca o longo de todo o ano. Estamos convencidos que co esforzo de todos podemos lograr que A Guarda poida volver a ser o gran referente social, deportivo, cultural e comercial do Baixo Miño. Porque queremos un Concello de portas abertas, de atención directa, sen cita previa e días de apertura do Concello polas tardes para atender as demandas de quen por motivos laborais non poden acudir en horario matutino».

«Queremos que o noso Programa sexa un contrato ca veciñanza, por iso queremos invitar a quen nos queira oír e coñecer a que asista o venres 12 de maio ás 20:30 horas o Casino da Guarda», rematan.