Arroupados por mais de cen veciños de A Guarda, no día de onte fíxose no Salón do Casino a presentación da candidatura para as eleccións municipais do 28 de maio, onde se informou sobre as diversas propostas de Espazo Común.

Baixo a consigna de ”Isto non pode seguir así”, Espazo Común informoulle a cidadanía sobre o programa de choque «para que se proceda de maneira inmediata, lavar e baldear as rúas, arranxo e cambio de baldosas nas mesmas, a instalación de papeleiras nos puntos máis estratéxicos do pobo, limpeza e desbroce de camiños, a fin de dar inicio a mellorar a localidade para poder vivila e non ter que sufrila como sucede neste momento, a reparación das diversas pasarelas de madeira, onde a maioría están podres e rotas, provocando caídas a cotio, varandas existentes en diversas rúas onde non se teñen arranxado dende fai anos e a maioría están carcomidas polo óxido e a salitre. Medidas que sirvan para cambiar a faciana deste pobo e non sirvan de crítica para residentes e visitantes, como acontece nestes momentos«, comentan.

Dende Espazo Común tamén sinalan que a cultura non este “tutelada” polo Goberno Local, e as subvencións se repartan de maneira paritaria e non polo color e amizade co Goberno. «Revisión das cuantías e apoio axeitado as Festas Populares. Para que o deporte, teña a máxima axuda, dándolle instalacións axeitadas as súas necesidades, e para que aqueles clubes que tiveron que emigrar volvan a casa. Que a Festa do Deporte sexa dos deportistas, elixindo eles aos mellores de cada especialidade, sin tutelase municipal».

Pediron o voto «para que A Guarda poida volver a ser o referente social, cultural, deportivo e comercial do Baixo Miño, apoiando a creación de novos postos de traballo e que non avance o deterioro que estamos a sufrir, e que nos leva a correr o risco de converternos nun xeriátrico poboacional, ca perda constante de censados e fuga de cerebros xoves pola falta de oportunidades para fixar residencia no seu pobo».

Tamén pediron o voto «para que o deporte, a cultura e o turismo sexan os grandes representantes deste pobo fora das nosas fronteiras. Fin da cita previa e atención a cidadanía varios días da semana pola tarde, para aqueles que por motivos laborais non dispoñen de tempo polas mañás. Pola solución dos aparcadoiros públicos para que as regulacións de tráfico non fagan que locais e visitantes desplacense a outras localidades nos momentos de ocio ou de mercadeo.

«Dende Espazo Común pedimos o voto para que se nos de unha oportunidade de demostrar que hai outra forma de facer política, poñendo en primeiro lugar o benestar dos guardeses/as sen recibir ordes e modelos, de Madrid, Santiago ou Pontevedra».