VIRANDEIRA FOLK

Os días 6, 7 e 8 de xullo celebrase no entorno do Mosteiro, a III Edición do Festival Costa dos Castros, un evento cultural de música e patrimonio histórico acollido no Concello de Oia, no que vos atoparedes con música folk variada, narración oral tradicional, así como a riqueza do patrimonio e os diversos atractivos locais.

O Festival Costa dos Castros de música e patrimonio histórico, nace como resultado do interese pola visibilización e divulgación do patrimonio cultural existente en concreto no Concello de Oia e en xeral.

Por elo, non é un festival musical sen máis, senón que tamén permite a promoción e coñecemento da contorna oiense, do Baixo Miño, así como outras cuestións relacionadas co patrimonio histórico, en especial a cultura castrexa, o desenvolvemento sostible, a artesanía, a diversidade social, a cultura tradicional, etc. Todo dende unha perspectiva cooperativista e comunitaria.

Programa