A programación das festas de San Telmo de mañá xoves comeza coas actividades infantís, que cambiaron de emprazamento, e se celebrarán de 11:00 a 13:00 horas no Centro Sociocomunitario de Tui, na rúa Colón. Os cativos de 5 a 16 anos elaborarán imáns realizando o seu deseño.
Ás 16.30 horas terá lugar a proxección da película “Capitán Calzoncillos”, dentro da programación de cinema infantil na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica.
Dentro da XI Semana de Teatro Amador, ás 21:00 horas, será a quenda do grupo de teatro Chirlomirlo no Teatro Municipal de Tui que estreará “Miles gloriosus”. As entradas, sen numerar, poranse á venda ás 20.30 horas ao prezo de 1,5€.
Continua a Festa do Meixón
Até o luns continua en seis establecementos tudenses a Festa do Meixón. Nos mesmos podese desgustar unha ración de meixón, con pan unha copa de viño da adega Vimbio ao prezo de 55 €. Os locais participantes son:
- Asador Paulo.
- O Novo Cabalo Furado.
- Cruceiro do Monte.
- El Molino.
- La de Manu.
- Parador de Turismo San Telmo.