Este pasado sábado, tivo lugar na Biblioteca do Rosal, a primeira das sesións de Contos Ilustrados a cargo de “Polo Correo do Vento”.

Durante 4 sesión contaranse as vidas de 4 mulleres galegas fortes e importantes. Este sábado foi a investigadora do mar Ángeles Alvariño, o sábado 13 será Maruja Mallo, gran pintora surrealista, o sábado 21, Mª Victoria Moreno, escritora, e o domingo 5 de maio, será adicado a mestra e pedagoga Ernestina Otero.

Cada actividade dos Contos Ilustrados divídese en tres bloques, nos cales desenvólvese unha temática didáctica de xeito lúdico. Primeiramente, Enrique Mauricio argalla unha historia de xeito oral, namentres Carlos Taboada debuxa un mural in situ, vencellado ao conto. Despois, fálase do seu contido a través dunha rolda de prensa coa axuda dos dous. Para rematar, entre todas e todos, debúxase unha personaxe do conto, guiados por Carlos Taboada, pasiño a pasiño.