Alumnado do CPI de Cova Terreña que participou no Programa «CA/AC: Cooperar para Aprender/ Aprender a Cooperar», inaugura este xoves ás 19:00 horas na praza do Concello de Baiona a exposición “Voan Versos e Bolboretas”. Este proxecto desenvolveuse ao longo do curso dentro do grupo de traballo de Aprendizaxe Cooperativa do PFPP.
Os alumnos de 1ºB, 4ºA, 5ºA, 5ºB, 6ºA de EP, 1ºESOA e 1ºESOB, en equipos cooperativos de aprendizaxe, elaboraron os produtos finais que forman parte da exposición. É unha escolla feita entre moitas e fermosas creacións.
No acto de inauguración estarán con presentes Helena Villar Janeiro, Antón Lopo e Xesús Rábade, tres persoas de relevancia no mundo da poesía, fío condutor desta exposición.
A exposición estará na entrada do Concello, cos seguintes horarios de visita:
- Venres 16, de 11:00 a 13:00 horas
- Sábado 17, de 11:00 a 14:00 horas.
- Domingo 18, de 11:00 a 14:00 horas.
- Luns 19, de 11:00 a 14:00 horas.
