Faladoiro con Bernardo Maíz en Gondomar
Portada do libro, “Amada García e os seus arredores" de Bernardo Maíz

A libraría Libraida de Gondomar organiza un faladoiro con Bernardo Maíz Vázquez arredor do seu libro “Amada García e os seus arredores”.

O acto terá lugar este xoves ás 20:30 horas na propia libraría e será presentado por Carlos Méixome. A entrada é de valde.