Este venres, ás 22:00 horas, Manifesto Miñor organiza unha festa fin de campaña no Parque das Ánimas na que participarán os candidatos e as candidatas ao concello de Gondomar.
Haberá música e pinchos gratis no Bar Ánimas, «co que acordamos un prezo para as consumicións de bebida».
Dende Manifesto Miñor queremos convidar a toda a veciñanza a participar no noso peche de campaña e a compartir con nós ilusión que temos de cara ao vindeiro 26 de maio.