Agrupación Musical de Belesar

Este domingo 12 de maio ás 12.00 horas na praza Vitoria Cadaval de Sabarís, terá lugar o Festival das Letras Galegas a cargo da Agrupación Musical de Belesar en colaboración coa Asociación de Veciños Castro e Ladeira e o Concello de Baiona.

O programa será integramente de temática galega. En caso de mal tempo terá lugar na Praza de Abastos de Sabarís.