O Director de Xerais, Fran Alonso

O Instituto de Estudos Miñoráns acolle este venres 10 de novembro ás 20:00 horas o recital performativo de Fran Alonso.

O Grupo de Promoción do Uso do Galego do IEM celebra o Ciclo Literario do mes de novembro coa figura do escritor, editor e director de Xerais, Fran Alonso, acompañado de Beatriz Núñez presidenta do Espazo Lectura.

Invítase a todos a coñecer esta nova proposta para fomentar o uso do galego e celebrar o patrimonio literario da comarca do Val de Miñor coas escritoras e escritores locais.

O recital performativo dará comezo ás 20:00 horas no IEM. É de acceso libre ata completar aforo.

O Ciclo Literario Miñorán é un reflexo do compromiso do Grupo de Promoción do Uso do Galego (IEM) co enriquecemento cultural e a difusión da literatura no Val de Miñor.