ALFREDO // Auditorio Lois Tobío de Gondomar

O xurado do XII Premio de Poesia Vitoriano Taibo celebrou este mércores a súa deliberación na sede do Instituto de Estudos Miñoranos, en Gondomar. A obra escollida foi ‘Mover os marcos’ que, unha vez aberta a plica, resultou corresponder á autoría de Francisco Javier Fernández Davila (Vigo, 1974).

O poemario do vigués foi destacado polo xurado entre as outras dúas obras finalistas, ‘Parafilias’ e ‘Unha muller pola metade’.