EDDIE LEE KR

Galiza Nova organiza o vindeiro xoves 27 de febreiro ás 19:00 horas no Centro da Terceira Idade da Ramallosa, unha palestra para abordar o grave problema da vivenda no Val Miñor e na comarca de Vigo, «motivado pola suba descontrolada dos prezos e a pouca oferta de vivenda habitual».

A organización xuvenil afirma que «é urxente abrir un debate sobre as alternativas e solucións para garantir o acceso xusto e digno á vivenda. Durante a palestra, intervirán Alexandra Fernández, deputada do BNG no Parlamento Galego; Iago Pereira, portavoz do BNG en Baiona; e Casto Magalláns, responsábel local de Galiza Nova Nigrán», indican.

Desde Galiza Nova animan toda a veciñanza a participar neste acto para analizar a situación e artellar estratexias co obxectivo de avanzar cara a un modelo que evite a especulación, pois «a vivenda non pode seguir sendo un negocio para uns poucos, senón un dereito garantido para toda a sociedade».