Os socialistas de Baiona informan que hoxe tivo lugar o primeiro pleno ordinario da nova corporación municipal. Dos 24 puntos da sesión destacou a modificación orzamentaria que o novo goberno de Jesús Vázquez Almuiña levou por trámite de urxencia ao pleno.

«Coa súa aprobación, incrementouse o orzamento municipal de 2023 en 2.346.771,86 euros», afirman os socialistas. «Isto demostra«, engade o PSOE, «as mentiras do señor Almuiña ao dicir que non había cartos no Concello».

«Demóstrase así que o goberno socialista deixou en moi bo estado as arcas municipais«, sostén Carlos Gómez Prado.

Por último, os socialistas engaden que «desgraciadamente, os que pagan as mentiras de Almuiña son os colectivos e asociacións de Baiona, que sufriron recortes no seu caché coa escusa da suposta falta de cartos».