Club de Patinaje Artística de Gondomar
FOTO FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE (Archivo)

O Club de Patinaxe Artística de Gondomar é anfitrión e organizador do Campionato Trofeo Xunta de Patinaxe Artística que se vai celebrar este sábado no Pavillón do Ceip Souto Donas, en xornada de mañán e tarde (11:00 a 13:30 horas e de 17:00 a 18:30 horas).

É un campionato de primeira categoría onde participan clubs de toda a provincia de Pontevedra. As categorías participantes van desde benxamín ata senior.

O Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia, a través da Agrupación Deportiva Escolar do Val Miñor, patrocina e colabora neste campionato co obxectivo de que se desenvolva en óptimas condicións e de que prime a transmisión de valores como a igualdade, a inclusión e a convivencia, segundo comentaron Tania Díaz (directiva do Club de Patinaxe Gondomar), José Ignacio Troncoso (Presidente da Agrupación Deportiva Escolar do Val Miñor) e Guillermo Reinaldo (Coordinador do Deporte Escolar da Xunta de Galicia na provincia de Pontevedra), na presentación deste evento.