Proyecto Gato

Segundo anunciou o alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, nas redes sociais, o Concello asinou un convenio de colaboración coas Asociacións “Bai.Senpulgas” e “Proyecto Gato”.

Así, o Goberno municipal habilita unha partida ornamentaría de 1.500 € para Baisempulgas e outra partida de 4.000 euros para “Proyecto Gato”, que levará a cabo o control de colonias felinas, campañas de adopción e castración-esterilización en todo o concello.