Este martes, 26 de xuño ás 20.30 horas, o Concello de Gondomar celebrará a Festa da Música Tradicional xunto cos grupos Tradisón, Terribles de Donas e Cantares do Brión no Parque das Ánimas.
A concellería de Cultura, dirixida por Nuria Lameiro, e o Conservatorio Elemental de Música, pretenden xuntar ós grupos máis destacados da música tradicional de Gondomar, nun concerto encadrado nas conmemoracións polo 35 Aniversario do centro. Un programa adicado á música tradicional que abrirá a programación do verán en Gondomar no parque das Ánimas.