A Festa dos 80 é xa un dos eventos imprescindibles do verán en Gondomar. Miles de persoas reúnense para rememorar a época dourada dos 80 e homenaxear a unha das discotecas máis míticas da zoa: Novecento.

Este ano a organización do evento está realizada pola concellería de cultura do Concello de Gondomar para a súa programación de verán, coa colaboración da empresa de realización de eventos Elemental Street, con ampla experiencia no desenvolvemento deste tipo de acontecementos.

A Festa Novecento 2018 de Gondomar, celebraráse nos días 14,15 e 16 de agosto no campo de As Cercas. Terá unha programación cargada de contidos para distintos públicos. Unha das propostas máis atractivas do evento é a parte gastronómica.

O público poderá desfrutar de distintas opcións da mellor comida en formato foodtruck. As retrocaravanas servirán a mellor gastronomía para repoñer forzas e disfrutar das distintas sesións de djs e a súa música oitenteira, as actividades infantís ou pasear polo espazo de market.

  • Ó redor de 5 foodtrucks.
  • Ó redor 5 stands market.
  • Bar con amplia variedade de bebidas e cocktails
  • Aposta prioritaria polo producto galego.
  • Variada proposta culinaria (incluidos productos sen gluten) e prezos axustados ó espírito de rúa.
  • Programación musical con concertos en directo e Dj´s
  • Actividades infantís para tóda a familia.
  • Horarios do evento (aprox.) De 12:00 a 02:00 horas.
  • Toda a oferta gastronómica e o bar estarán sempre abertos e atendidos durante o horario de apertura.

Programa:

14 Agosto 2018 <Acompañan á actuación de Cristian>

  • 19:00 Apertura do espazo a público
  • 19:30 Música ambiente
  • 22:30 Espectáculo Cristian no escenario do Parque de Ánimas
  • 24:00 Fin do evento e reapertura de carpa e ambente footruck
  • 24:00 Festa foodtruck con música Dj

15 Agosto 2018 FESTA DOS ‘80

  • Foodtrucks abertos toda a tarde
  • 12:30 Sesión Vermouth actuación de “1er verano sin Mariano”
  • 18:00 Guateque infantil
  • Exhibición de danza
  • Obradoiros Pintacaras
  • 22.30 Guateque de adultos
  • Merchy Treviño Banda
  • Sesión DJ

16 Agosto 2018 <Acompañan á festa da escuma e inchables>

  • 12:30 Sesión Vermouth actuación de “21 gramos”
  • 17:00 Festa de Inchables no Parque da Coelleira
  • 20:00 Festa da Escuma