MELYTOUR

Gondomar Concello Aberto mandou unha nota de prensa na que informa que: Melytour publicita na súa páxina web que existe un servizo de autobús os domingos de Vigo a Gondomar ás 20:00 horas, de Gondomar a Vigo ás 20:30 horas e novamente de Vigo a Gondomar ás 21:00 horas. Malia este anuncio, a realidade é que a empresa fai as tres rutas co mesmo conductor e o mesmo autobús, co que lle é imposible chegar a tempo (o percorrido é de 45 minutos aproximadamente) e vai acumulando retrasos: o autobús das 21:00 horas dos domingos, na práctica non sae ata as 21:30 horas”.

“Como xa denunciou Gondomar Concello Aberto, a entrada de Gondomar no plan de transporte da Xunta non soluciona o transporte para a xente de Gondomar. Ademáis do histórico problema de Mañufe, temos unha concesionaria que desobedece reiteradamente as súas obrigas, deixando sen transporte a 4 parroquias durante 3 meses ou incumplindo os seus horarios sistemáticamente, e aínda por riba estamos a subvencionala con 90.000 euros de todos e todas as veciñas de Gondomar” afirman dende a formación política.

“Dende este Grupo Municipal, faremos constar esta queixa á Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia, solicitando que se inspeccione o servizo prestado por Melytour e se estuden posibles sancións” rematan dende CABE.