CABE Gondomar
ALFREDO // Los miembros de la formación CABE (Archivo)

Nun comunicado de prensa, Gondomar Concello Aberto, manifesta o seu total rexeitamento sobre as actitudes racistas que se veñen producindo ante o uso do galego no concello.

Dende a formación policía afirman que “ante o ataque á lingua galega e diante do ofrecemento de Galicia Bilingüe para recorrer as multas por non respectar os sinais so en galego de Gondomar, despois da denuncia efectuada pola Guardia Civil por mor do rotulo en galego de tres sinais de tráfico no noso concello, o grupo municipal de Gondomar Concello Aberto debe recordar que o artigo 5, apartado 1, do vixente Estatuto de Autonomía establece que “A lingua propia de Galicia é o galego”.

Asimesmo indican que “no mesmo artigo apartado 3 dice que “Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en tódolos planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilita-lo seu coñecemento”.No seu apartado 4, establece que “Ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua”.

Todos os datos indican un retroceso alarmante no uso do galego a nivel cotiá en calquera dos ámbitos de uso da lingua”, apuntan. “O Atlas da UNESCO das linguas do mundo en perigo de extinción inclúe ao galego. A redución do galego en materias de ensino é evidente, e a día de hoxe dáse o esperpento da prohibición de ensinar matemáticas en galego”.

A estas alturas do século XXI, unha institución ou unha asociación denuncie un uso abusivo do galego en calquera ámbito da vida indica que ou non vive na realidade ou simplemente ten mala fe. Para mais inri a defensa do idioma propio de Galiza, o galego, feito por este goberno municipal deixa bastante que desexar, mesmo no uso dos topónimos oficiais ou dos cartaces e sinais que se colocan nas rúas ou parques” matizan dende a formación política.

“O Grupo Municipal de Gondomar Concello Aberto rexeita de xeito rotundo estas actitudes racistas cara a lingua galega e pide o recoñecemento da normalidade do seu uso en todos os ámbitos” rematan dende Gondomar Concello Aberto.