KINDLING, Control de Plagas

Segundo diversos estudos da ONU, no ano 2050 aredor do 70% da poboación mundial vivirá en áreas urbanas fronte ao 54% que o fai actualmente. Son moitos os motivos que levan ás persoas a decidírense por un espazo urbano para vivir. Entre outras razóns poden estar as mellores prestacións sociais, máis oportunidades á hora de encontrar un medio de vida ou, simplemente maior liberdade individual.

Segundo indica o Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Antonio Araújo Quintas, “no caso de Gondomar vivir no rural aínda é sinónimo de calidade vida. Con todo, nos últimos anos a vila Condal medrou considerablemente e esta circunstancia trouxo consigo algúns problemas derivados dese aumento de poboación e de urbanización, ademais dunha climatoloxía favorable, que deron lugar á aparición de pragas de ratas e cascudas nas rúas, nas urbanizacións, nos bloques de edificios. Este tipo de situcións provocan unha certa alarma cidadá que dende o concello temos a obriga de resolver por unha cuestión obvia de saúde pública, mais tamén de imaxe”.

Esta situación permanente“, explica o concelleiro “con rebrotes de maior intensidade nas estacións de bon tempo, víñanse combatendo ata agora con actuacións puntuais de eficacia reducida e elevados custes. Isto vai cambiar definitivamente dende este 1 de agosto, despois de que por parte do concello de Gondomar fose adxudicado a través dun contrato administrativo para a prestación dun servizo á empresa con sede en Mos, “kindling, control de plagas” .

A duración do contrato é dun ano por importe de 17.950 euros. Ademais do control de pragas e desinsectación de todas as rúas da vila de Gondomar, edificos públicos, dos colexios do municipio, incluído o rural agrupado e da praza de abastos, inclue tamén o control e prevención da lexionela en todos os pavillóns, centro deportivos e colexios públicos propiedade o de compentencia municipal onde existen tanques de auga quente.

Con esta contratación, dende a Concellaría de Medio Ambiente, estamos convencidos que imos mellorar aínda máis a salubridade da nosa vila e dos nosos centros publicos, gañando en calidade de vida, en imaxe e aforrando cartos públicos dos cidadáns, ademais de lle dar cumprimento aos preceptos legais que actualmente obrigan á prevención da lexionela” afirma Araujo.