O Concello de Gondomar participa do Plan de Compostaxe Comunitaria que a Deputación Provincial de Pontevedra puxo en marcha a primeiros deste mandato.

Despois da implantación de dúas zonas de compostaxe urbana no centro da Vila de Gondomar, que comezaron a funcionar no mes de xuño, Gondomar recolleu a primeira colleita do compost producido de xeito comunitario no Concello.

Un compost de primeira calidade, producido baixo o control dos Mestres Composteiros que a Deputación Provincial pon a disposición dos concellos participantes no devandito programa “e grazas á colaboración da veciñanza sen a cal non sería posible” indica Antonio Araújo, Concelleiro de Medio Ambiente.

Con este programa o Concello de Gondomar estáse adiantando á Normativa Comunitaria segundo a cal, antes do 2020 a fracción de biorresiduos da bolsa do lixo (un 42% da mesma) ten que se reciclar nun 50%. “Nesa mesma liña xa comezamos a tramitar a adhesión a un novo programa da Deputación coa finalidade de aumentar a implatación deste sistema que pón en valor os residuos orgánicos que producimos nas nosas casas” explica o Concelleiro.

Esta primeira producción de compost, arredos de 150kg, repartiráse a mediados de xaneiro entre as persoas anotadas e que parciparon no proxecto e para o cal serán convocadas expresamente. Os sobrantes poderían ser utilizados no tratamento dos xardíns municipais ou repartilos ao público en xeral.

“Con isto o que se pretende e revalorizar un elemento tan importante como son os restos orgánicos que producimos nas nosas vivendas, e sobre todo, animar á veciñanza a participar netes tipo de iniciativas que apostan por un Medio Ambiente sustentable” finaliza Araújo.