El alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, presidió la concentración que este mediodía se celebró en memoria de Soledad Rey Valverde, vecina de Mañufe, que este miércoles fue presuntamente asesinada por su marido. En el acto estuvo acompañado por los integrantes de la corporación municipal, la presidenta de la Diputación Provincial de Pontevedra, Carmela Silva; la Subdelegada del Gobierno, M. Carmen Larriba; representantes de la Guardia Civil y Policía, así como parte de la familia de la víctima.

Ferreira mostró su apoyo y el de todo el gobierno local a los familiares y calificó de “atroz” el asesinato de Soledad Rey Valverde “que nos dejó consternados y que nos demuestra que no podemos bajar la guardia y tenemos que seguir luchando contra la violencia machista”.

El regidor cedió la lectura del manifiesto redactado para la ocasión a la Presidenta de la Diputación de Pontevedra, Carmela Silva, que visiblemente afectada señaló “que hartas estamos las mujeres de tener que estar haciendo minutos de silencio, leyendo manifiestos! Ver llorar la familia de una mujer asesinada es un profundo dolor, y la verdad es que las mujeres lloramos de cólera”.

Recordó que no se puede dar ni un paso atrás en la lucha contra la violencia machista y subrayó que “no podemos, como sociedad ni como administración, mirar hacia otro lado. Al contrario, alzaremos cada vez más la voz para denunciar estos crímenes y la violencia de género hasta conseguir erradicarla, lograr la violencia cero”.

El Concello de Gondomar decretó tres días de luto oficial en memoria de Soledad Rey Valverde y suspenderá todas las actividades previstas hasta el próximo domingo, entre las que se encuentra el encendido de la iluminación navideña este próximo sábado, que se pospondrá al domingo día 06 de diciembre.

Manifiesto:

Soledad Rey Valverde, ese é o nome que hai e sempre estará tras a vítima número 42 de violencia machista rexistrada neste ano 2020. Soledad Rey Valverde que para a súa familia e para nós será lembrada como a veciña de Mañufe, parroquia de Gondomar, que foi presuntamente asasinada polo seu marido, deixando dous orfos e unha familia esnaquizada, así como a consternación de todo un pobo como o de Gondomar que se viu sacudido por este crime que condena rotundamente.

Hai apenas unha semana, o pasado 25 de novembro, con motivo do día Internacional para a Eliminación da Violencia machista, levantabamos unha vez máis a voz para gritar un basta xa! a este terrorismo que está a acabar connosco. Non podemos, como sociedade nin como administracións, mirar cara a outro lado. Ao contrario, alzaremos cada vez máis a voz para denunciar estes asasinatos e a violencia machista ata conseguir erradicala, lograr a violencia cero.

O crime de Soledad Rey Valverde demóstranos que non debemos baixar a garda, que non podemos, como cidadás e cidadáns, permanecer impasibles ante esta violencia terrible contra as mulleres que ataca directamente a saúde dunha sociedade que quere ser realmente democrática e igualitaria.

É un labor de todas e de todos axuntar esforzos nesta loita. Como persoas decentes non podemos mirar para outro lado. Temos que sinalar sen rubor e sen medo ao presunto agresor ou calquera caso que podamos coñecer. E temos que apoiar e acompañar ás vítimas desta violencia nun camiño que debemos de percorrer todas e todos, xuntas e xuntos.

Como administracións temos que incluír nas axendas políticas dos partidos a violencia machista como un asunto prioritario. Ten que ser unha cuestión de estado, e temos que dotar das partidas orzamentarias e dos recursos necesarios á prevención e atención integral das vítimas.

Recursos que tamén debemos destinar á educación como ferramenta coa que fortalecer a responsabilidade individual e colectiva para crecer en Igualdade. Necesitamos terminar cos estereotipos de dominación patriarcal instaurados durante séculos na nosa sociedade e que son realmente o xerme da violencia machista. A violencia que acabou coa vida de Soledad Varela Rey, coa vida de máis de 1075 mulleres dende o 2003.

Violencia machista contra a que volvemos berrar Basta xa!