SOGAMA // Un "Composteiro" doméstico

Como é sabido, o Concello de Gondomar leva máis de dous anos adherido ao Plan Revitaliza de Deputación Provincial que ten como finalidade a compostaxe da materia orgánica que producen os ciudadáns nas súas vivendas.

Ademais dos beneficios evidentes para o Medio Ambiente, pois se evita que sexa queimada en Sogama; produce un aforro evidente ás arcas municipais (menos Tm que hai que transportar e queimar en Sogama), e tamén lle estamos dándo cumprimento ás Directivas Europeas que nos obrigan no 2020 a compostar entre un 40 e un 60% desa materia orgánica.

Co reparto gratuito de mostras de compost que se fará mañá, sábado de 11:00 a 13:00 horas no mercado que se celebra na contorna da plaza de abastos, o concello está demostrando que é posible cumprir eses obxectivos de maneira comunitaria, pero tamén de maneira individual nas vivendas do rural, obtendo ademáis un compost de primeira calidade.

Nesta liña, dende a Concellaría de Urbanismo e Medio Ambiente, teñen a intención de instalar máis composteiros comunitarios na Vila, e tamén repartir composteiros individuais, probablemente a finais de ano e de maneira experimental, inicialmente nalgunha parroquia, da man do movemento vecinal e coa idea de ir eliminando paulatinamente o colector verde da fracción de orgánico.