Gonzalo Caballero achegouse hoxe ata Marín, Mos e Baiona para seguir mantendo encontros coa militancia socialista de cara ás primarias do vindeiro día 30.

Dende alí, proclamou que “imos gañar as primarias coa forza da militancia que quere avanzar e non retroceder”. Ademais, defendeu a necesidade de celebrar varios debates co outro candidato, ao obxecto de “contrastar dous modelos de partido ben diferenciados”.

En concreto, Gonzalo Caballero formulou celebrar varios debates co outro aspirante. O primeiro, un debate central na sede do PSdeG, seguido dun debate por provincia entre os candidatos e de todos aqueles que soliciten os medios de comunicación.

“A militancia ten dereito porque é a que decide”, recalcou, ao tempo que subliñou que o seu é un proxecto para “seguir avanzando” nun PSdeG “de esquerdas, galeguista, ecoloxista e feminista”.

Un PSdeG útil a Galicia, aos galegos e ás galegas”, remarcou Gonzalo Caballero, quen representa “un proxecto gañador dentro, coa militancia, para gañar fóra, coa cidadanía”.

“No PSdeG que eu quero cabe toda a militancia socialista e todos os galegos e galegas”, destacou, co aval do avance rexistrado en todas as citas electorais que se celebraron dende que accedeu á secretaría xeral.

Avanzando

Trátase, segundo as súas palabras, de “seguir avanzando e non retroceder” cara outros modelos que xa non funcionaron axeitadamente no pasado. De feito, ‘Avanzando’ é o seu lema de campaña, que hoxe fixo público a través das redes sociais.