Gonzalo Caballero visitou o pasado mércores en Figueiró aos socialistas de Tomiño. O secretario xeral de Galicia estivo acompañado por dúas concelleiras, Violeta de Santiago e Mirta Misa, por militantes, simpatizantes e amigos, que fixeron un percorrido pola Empresa de plantas V.Nilo baixo a guía do seu Xerente, Juan Peixoto.

Peixoto transmitiulle ó Candidato Socialista o malestar polo descalabro e a tardanza do remate da Concentración Parcelaria nesta zona, así como a falla de sensibilidade de algunhas administracións, «que apostan máis polo formigón que por implantar espazos verdes, malia a crise climática que estamos a padecer«.

«O descontento polo Proxecto de Reformulación do tramo PO-350 (recta de Figueiró), sin consenso coa veciñanza e cun grande impacto, tanto no territorio como socialmente e económicamente foi, entre outras, demandas que o Socialista escoitou atentamente e tomou nota», sinala Violeta de Santiago, voceira dos socialistas de Tomiño.

«Gonzalo Caballero segue a pé de País, percorrendo o territorio galego, escoitando a todos os sectores da sociedade galega, entre eles, o Medio Rural, que esta Xunta de Galicia ten tan descoidado e esquecido», apunta Violeta.