FUNDACIÓN CARLOS CASARES

Baixo a denominación Maio gastronómico e das Letras o Concello da Guarda reune a intensa programación cultural destas datas, no que se acumulan os eventos en torno as Letras Galegas e outras actividades culturais e de ocio, como son a celebración do Día dos Museos ou a xa consolidada ruta gastronómica Tapearte.

Para este segundo fin de semana hai xa con citas destacadas. A primeira delas será a Homenaxe á Carlos Casares, que se realizará o venres 12 ás 20:30 horas na Biblioteca Municipal da Guarda. Consiste na lectura de fragmentos da variada obra de Carlos Casares e a interpretación de temas por parte das pandereteiras da Agrupación Cultural Guardesa

Mentres que o sábado á noitiña na Igrexa Parroquial os guardeses terán a oportunidade de gozar cun concerto de primeira calidade da man do afamado Coro Gli Appassionatti, ás 21:00 horas. Este coro, formado no 2012 da man da mezzosoprano Nuria Lorenzo, é un coro integrado por xente nova, apaixonada polo canto e a música. Interpretarántemas de música sacra, tradicional, habaneras…

Obradoiro CreaTi

Pero este fin de semana tamén nos ofrece unha actividade máis lúdica da man dun obradoiro para “desbloquear a creatividade”, que se realizará na Casa dos Alonsos o sábado de 11:00 a 13:00 horas. E para o que é preciso anotarse previamente na Omix (informacion@aguarda.es; 986614546)