Homenaxe en A Guarda aos asasinados no Campo de Concentración de Camposancos durante a Guerra Civil

Este xoves, seguindo a tradición de todos os anos, o sindicato das Comisións Obreiras, xunto co Concello da Guarda, realizou unha homenaxe aos asasinados no Campo de Concentración de Camposancos durante a Guerra Civil.

O acto de homenaxe, no que participaron preto dun centenar de persoas, tivo lugar na fosa común do cemiterio de Sestás, onde despois de ler unhas verbas por parte do Alcalde da Guarda e de representantes do sindicato das Comisións Obreiras, se fixo unha ofrenda floral contando coa participación de grupos políticos con representación municipal así como as asociacións culturais e sociais do Concello de A Guarda.

Posteriormente, ás 19:00 horas, realizouse unha charla-coloquio no Centro Cultural onde D. José Antonio Uris Guisantes e Carlos Ucha disertaron sobre a historia do Campo de Concentración de Camposancos e, por extensión, da represión da ditadura franquista, engadindo aspectos desta época e tamén establecendo paralelismos e reflexións sobre o contexto da situación actual.