Nani Matos

O centro cultural de A Guarda acollerá, as 21:00 horas, unha homenaxe, organizada pola agrupación cultural guardesa, Nani Matos con motivo do Día das Letras Galegas.

Este camposino recibiu importantes premios cinematográficos a nivel nacional e internacional pola súa ampla traxectoria profesional como actor, director e guionista.

Luis Iglesia Besteiro comezará este acto, no que tamén actuarán o Grupo de Pandereteiras da Agrupación Cultural Guardesa, dirixido por Berta Castro, e o cantautor guardés Tino Baz.