O vindeiro 24 de febreiro celébrase o Día de Rosalía de Castro. Con tal motivo, o Concello do Rosal quere sumarse a esta data e facer unha homenaxe á escritora galega organizando Rosaliarte, un concurso que fará referencia á súa obra poética.
Por outra banda, este concurso fomentará a arte entre a poboación, xa que a poesía virá acompañada dunha plantilla coa silueta de Rosalía que será decorada polas persoas participantes.
Tanto na web como no propio concello do Rosal estará a disposición das persoas interesadas a plantilla imprimible coa imaxe de Rosalía de Castro.
Este documento servirá como base para que as persoas elixan unha obra poética da autora, a escriban no espazo habilitado e o ilustren acompañando da imaxe da escritora.