Archivo

A Asociación de Veciños de Carregal, en Amorín, Tomiño, organiza para o próximo venres 17 de maio (festivo), a I Andaina das Letras Galegas.

A andaina é apta para todos os públicos. A saída será ás 16:00 horas dende o recinto de festas de Carregal. O percorrido é de 8 quilómetros con dificultade baixa. O remate, para recuperar forzas, haberá choripáns a prezos populares.

As inscricións están abertas a un prezo de 4 euros non socio e 3 socios no teléfono: 722 577 996.