Xabier Garrido

O Concello de Gondomar acollerá os días 14, 15 e 16 de setembro a I Concentración de autocaravanas que estará instalada nas inmediacións da comisaría da Policía Local de Gondomar, na zona denominada As Cercas, e que está promovida pola Concellería de Comercio e Turismo do Concello da vila Condal.

Esta convocatoria conta coa colaboración da Asociacion Galega de Autocaravanas, formada por mais de 650 socios que utilizan os seus vehículos case todos os fins de semana do ano.

A Concellería de Comercio e Turísmo quere aproveitar o tirón espectacular que están a experimentar as autocaravanas, para fixar no concello un parking que enraice esta actividade no corazón da vila e xere novas interaccións económicas co comercio local.

Desde 2013, as vendas destes tipo de automóbiles (autocaravanas) incrementáronse un 352%, pasouse de vender 1.293 unidades a comercializar 5.782 en 2017-. Prevese que en 2018 as cifras sigan crecendo. Sen ir máis lonxe, en xullo deste ano matriculáronse 528 autocaravanas novas e 243 xa usadas no estranxeiro, pero de nova matrícula en España.

Non son un típo de vehículo barato, senón que responden a un modo de vida.Pódense adquirir desde 30.000 euros,como é lóxico, a maior gama, maior prezo e comodidade, chegando a 300.000 e 600.000 nos modelos mais luxosos. 300.000 autocaravanas circulan por España cada ano. A unha media de tres ocupantes, a suma total roza o millón de persoas.

Hai outro dato moi interesante e pouco coñecido, Galicia é a comunidade máis valorada polos autocaravanistas españois para viaxar nas súas vacacións.