Co gaio do 8 de marzo, «Día da Muller», se vai celebrar o primeiro encontro anual da asociación «Mulleres en Igualdade» de Tui. Será este sábado, ás 21:00 horas, cunha cea no «Vello Cabalo Furado».

Nesta cea, ademais de dar conta do traballo da asociación, informarán das próximas actividades.

«Acompáñannos nesta actividade as socias e colaboradoras que forman partes da asociación de Mulleres en Igualdade de Tui. Unha asociación sen ánimo de lucro e plenamente constituída ademais de estar rexistrada correctamente no rexistro central e no concello», apuntan dende a asociación.